Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Pepe Álvarez e José Antonio Gómez reúnense cos traballadores do servizo de extinción de lumes de Galicia

Pepe Álvarez e José Antonio Gómez reúnense cos traballadores do servizo de extinción de lumes de Galicia

Aposta pola profesionalización e estabilización do emprego; poñer en marcha unha subcomisión no Senado que avalíe riscos e necesidades; un plan de emprego para a limpeza dos bosque a nivel do Estado; e traballar conxuntamente cos sindicatos portugueses pa

UGT-Galicia | martes, 7 de noviembre de 2017

Ao longo da mañá de hoxe tivo lugar en Santiago, na sede de UGT-Galicia un encontro cos traballadores dos servizos de extinción de lumes da Xunta na que os secretarios xerais de UGT-Galicia, UGT, FeSP-Galicia e FeSP estatal expuxeron a súa visión sobre a problemática dos lumes forestais e, concretamente, sobre a última vaga de lumes que asolagou Galicia hai unha semanas.

Nesta xuntanza os axentes insistiron na necesidade de mellorar as súas condicións laborais e que a Xunta asuma que o plan operativo na actualidade está caduco, polo que hai que actualizalo, sobre todo, tendo en conta que non se pode ter operativo o groso dos efectivos só tres meses ao ano. Acusaron a falta de organización e coordinación por parte da Xunta que no mes de setembro, nunha situación climática de extrema gravidade, decidiu cesar a unha parte importante dos efectivos.

Pola súa banda, José Antonio Gómez, o secretario xeral de UGT-Galicia insiste en que o presidente da Xunta ten que asumir xa que urxe abrir unha mesa de negociación cos traballadores dos operativos para falar da falta de coordinación, falta de efectivos, precariedade laboral. Ao respecto, explicou que na xuntanza que se vai manter hoxe co presidente da Xunta se lle vai preguntar directamente por que operativo vai poñer enriba da mesa e se dunha vez por todas vai tomar as medidas necesarias para que lles os traballadores do sector teñan o recoñecemento laboral que se merecen polo traballo que fan.

O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, asumiu que hai que facer propostas e fuxir dunha vez por todas dos tópicos que saen cando hai unha vaga de lumes como a que asolagou Galicia.

Primeiro, hai que poñer por diante o cambio climático que, de seguro, está a influír nestas catástrofes. No eido das relacións laborais, aposta por ir cara unha profesionalización do sector e estabilización do emprego sempre no ámbito do público e de xeito permanente en todo o Estado. Concretamente, en Galicia pediulle ao presidente da Xunta que abra xa a mesa de negociación cos axentes forestais que son eles quenes mellor coñecen a problemática e como abordala.

Xa no eido estatal, ten que darse un debate que conduza a un acordo respaldado lexislativamente. Puxo enriba da mesa a posibilidade de abrir unha subcomisión no Senado que avalía cales son os riscos e cales son as necesidades. Seguir falando de pirómanos e abandono do rural non pode seguir sendo unha escusa.

Ademais, UGT anuncia que vai abrir unha vía de diálogo cos sindicatos portugueses para levar ao Parlamento da UE o problema porque esta institución non pode ser allea a este fenómenos. O lume non ten fronteiras, afirmou.

E, finalmente, considera que con máis de tres millóns de parados en España non se pode escapar a necesidade de abordar un plan de emprego para a limpeza do bosque que, de seguro, este investimento por parte do Estado tería os seus retornos por varias vías, a nivel de emprego, IRPF, ingresos Seguridade Social e, sobre todo, mellora das condicións dos nosos bosques e poñerlle así freo ás vagas de lumes que se repiten con demasiada frecuencia. Tamén subliñou que debería lexislarse para que os montes que están en mans privados cumpran un mínimo de requisitos de coidados.

Álvarez insistiu moito en que todo isto hai que facelo xa e non se pode agardar a que unha nova vaga de lumes asolague Galicia ou outra rexión.



Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].