Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a improcedencia do despido dun Traballador de TRAGSA, defendido por UGT

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a improcedencia do despido dun Traballador de TRAGSA, defendido por UGT

A Sentencia recoñécelle ao traballador o dereito a optar entre a readmisión no seu posto de traballo e nas mesmas condicións de antes do despido ou a cobrar a indemnización dado que o mesmo formaba do Comité de Empresa

UGT-Galicia | martes, 4 de abril de 2017

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a improcedencia do despido dun Traballador de TRAGSA, defendido polos Servizos Xurídicos de UGT Galicia, porque a empresa contratou a outros traballadores, antes, durante e despois de ser despedido por causa obxectivas.

O servizos xurídicos de UGT-Galicia en Ourense veñen de ver confirmada polo alto Tribunal Galego a Sentencia ditada polo Xulgado do Social nº 4 da capital na que se declaraba IMPROCEDENTE o despedimento dun Peón de TRAGSA porque contrariamente ao alegado pola empresa de que sobraban os 12 traballadores da mesma categoría que a empresa tiña contratados para Ourense, quedou probado que se contratara a outros seis traballadores para realizar tarefas na mesma zoa que podían haber sido feitas polos traballadores despedidos.

A Sentencia ven a consolidar a doutrina que tamén estableceu a Sala IV do Tribunal Supremo na recente Sentencia de 28.10.2016 na que se sinala que a contratación de novos traballadores para ocupar os mesmos postos de traballo que os despedidos supón a constatación da falla de RAZONABILIDADE do despedimento.

De igual modo a Sentencia recoñécelle ao traballador o dereito a optar entre a readmisión no seu posto de traballo e nas mesmas condicións de antes do despido ou a cobrar a indemnización dado que o mesmo formara parte do Comité de Empresa e tamén do Comité de Seguridade e Saúde polo sindicato UGT.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].