Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Os datos de paro evidencian precariedade tanto no emprego como no desemprego

Os datos de paro evidencian precariedade tanto no emprego como no desemprego

A contratación indefinida non chega ao 10 por cento e hai case 11.000 beneficiarios menos de prestacións que hai un ano

UGT-Galicia | martes, 4 de abril de 2017

Os datos do paro feitos públicos hoxe polo Ministerio de Emprego evidencian que a precariedade segue a ser unha característica dominante tanto do emprego que hai en Galicia como para aquelas persoas que están en situación de desemprego. UGT-Galicia reitera que a recuperación non chega aos fogares galegos e que urxen medidas para paliar a lacra do desemprego pero tamén a do emprego precario e a carencia de coberturas sociais para aquelas persoas que máis o necesitan.

Concretando as cifras que ofrece hoxe o Ministerio, en Galicia o paro baixa no mes de marzo en 1.868 persoas, un 0,88 por cento, en relación ao mes anterior, quedando así a cifra total de desempregados en Galicia en 210.056 persoas. A baixa interanual foi de 21.741 parados menos, un 9,4 por cento menos. No Estado a caída no mes é moito máis acusada, dun 1,29 por cento e no ano do 9,58 por cento. Deste xeito, en marzo o número de persoas desempregadas rexistradas en todo o Estado foi de 3.702.317.

ÁS MULLERES CÚSTALLES MÁIS COLLER O TREN DA RECUPERACIÓN

Por sexos, o paro entre os homes baixa nun 2,23 por cento (2.146 persoas) fronte á suba dun 0,24 por cento que se rexistra entre as mulleres, 278 mulleres en situación de desemprego máis no mes. En relación a hai un ano baixa en ambos casos, aínda que o descenso é máis significativo entre os homes, dun 11,93 por cento, fronte ao 7,2 por cento feminino. Evidénciase así que a recuperación non está chegando por igual a todos os sectores da sociedade e que ás mulleres estalles a custar máis subir a este tren de melloras. O que conduce tamén a un incremento da fenda entre homes e mulleres no mercado laboral en Galicia, de feito, o 55,2 por cento do desemprego nesta Comunidade ten rostro de muller.

Por idades, o paro entre os menores de 25 anos medra no mes nun 2,7 por cento, marcando unha tendencia contraria en relación co conxunto de idades. Aínda que en relación a hai un ano o desemprego baixa nun 15,52 por cento.

Por sectores de actividade, o paro medra tan só entre o colectivo de sen emprego anterior, nun 2,36 por cento. No primario redúcese nun 4,3 por cento; na construción, nun 3,76 por cento; na industria, nun 2,9 por cento; e nos servizos, un 0,23 por cento.

En relación a hai un ano, a baixada foi dun 10,2 por cento no sector primario; dun 12,5 por cento na industria; dun 18,9 por cento na construción; dun 7,13 por cento no sector servizos; e dun 8,18 por cento no colectivo de persoas sen emprego previo.

Os datos facilitados hoxe polo SEPE indican que a afiliación á Seguridade Social en Galicia sitúase en 959.133 cortizantes, 5.570 máis que en febreiro (0,58 por cento) e, de novo, un incremento menos acusado que no resto do Estado, onde a suba foi dun 0,91 por cento. No ano hai en Galicia 18.585 cotizantes, cun aumento do 1,98 por cento, menos acusado que no resto do Estado onde foi do 3,5 por cento.

O número de contratos rexistrados en marzo en Galicia medrou nun 24,12 por cento respecto a febreiro. A cifra total foi de 77.353 contratos. Medra nun 14,83 por cento en referencia a hai un ano. A proporción de contratos indefinidos sobre os temporais non chega aínda nin ao 10 por cento, quedando nun 9,88 por cento, unha porcentaxe que segue en mínimos e que evidencia a precariedade do mercado laboral galego.

EN GALICIA QUEDAN FÓRA DO SISTEMA DE PROTECCIÓN 110.000 PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

En relación á cobertura por desemprego, dende UGT-Galicia denúnciase que o número de beneficiarios é de 102.834 persoas, o que supón unha taxa de cobertura dun 52,7 por cento, deixando fóra do sistema de protección a 110.000 persoas desempregadas. O ano comezou cunha nova caída, hai 10.863 beneficiarios menos de prestacións en febreiro de 2017 que no mesmo mes de 2016.

Neste contexto, UGT-Galicia denuncia que, a pesar da evolución anual marcada pola recuperación económica, marzo volve a evidenciar unha elevada dose de precariedade na contratación que leva á continua perda de calidade do emprego. A contratación indefinida non chega en Galicia aínda nin ao 10 por cento.

E, ademais, a contratación indefinida tamén é cada vez máis precaria, ás veces camuflados os contratos como de apoio a emprendedores e con salarios cada día máis baixos.

Tamén se denuncia a precarización do desemprego cun descenso continuado das taxas de cobertura e a extensión do paro de longa duración, xunto coa emigración forzosa na busca dun futuro mellor.

Esta realidade debería obrigar á derrogación das reformas laborais, que tanto dano están facendo, favorecendo empregos e salarios de escasa calidade e dereitos. Tamén urxe revisar os criterios de acceso a programas como o PAE que, ata a data, e a menos de 15 días da súa finalización, só deron cobertura a unha cuarta parte dos posibles beneficiarios.

A XUNTA DEBE POTENCIAR AS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO. O ORZAMENTO DE 2017 PARA ESTE FIN SEGUE A SER INSUFICIENTE E MOI POR DEBAIXO DO QUE EXISTÍA ANTES DA CRISE

A protección social debe garantirse mellorando a cobertura e reforzando as prestacións por desemprego. E, acompañando esta medida, é fundamental potenciar as políticas activas de emprego desde a Xunta, marcadas polos criterios de austeridade nestes anos e para as que nos orzamentos de 2017 destínanse 209 millóns de euros, cantidade moi afastada dos 378 millóns de euros do ano 2008, antes da crise.

Estas políticas non poden estar orientadas só ás bonificacións á contratación, hai que poñer en marcha medidas de creación de emprego con recursos adicionais para os servizos públicos de emprego que melloren a empregabilidade e a formación, e lograr así a inserción permanente dos desempregados.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.









GALICIA

mar-17

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

210.056

-1.868

-0,9

-21.741

-9,4

* homes

94.050

-2.146

-2,2

-12.746

-11,93

* mulleres

116.006

278

0,2

-8.995

-7,20

Nº parados mozos < 26 anos

10.310

271

2,70

-1.894

-15,5

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* primario

7.793

-347

-4,3

-880

-10,1

* industria

24.349

-722

-2,9

-3.469

-12,5

* construción

22.353

-874

-3,8

-5.238

-19,0

* servizos

138.504

-319

-0,2

-10.634

-7,1

* sen emprego anterior

17.057

394

2,4

-1.520

-8,2

Beneficiarios prestación por desemprego (febreiro)

102.834

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro)

52,66

Parados totais sen ningún tipo de prestación (febreiro)

109.090

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

77.353

15.030

24,1

9.989

14,8

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.646

1.298

20,4

1.470

23,8

Nº contratos temporais

69.707

13.732

24,5

8.519

13,9

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

959.133

5.570

0,6

18.585

1,98

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS




Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].