Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Unha nova xornada de loita e reivindicación para reclamar salarios dignos, emprego estable e recuperación de dereitos sociais

Unha nova xornada de loita e reivindicación para reclamar salarios dignos, emprego estable e recuperación de dereitos sociais

UGT-Galicia | jueves, 23 de marzo de 2017

Galicia viviu esta mañá unha nova xornada de loita e reivindicación na que a cidadanía mobilizouse nas cidades e vilas de Ferrol, Santiago, Lugo,Celeiro, Ourense, Pontevedra e Vigo para reclamar salarios dignos,emprego estable e recuperación de dereitos sociais. A concentración de A Coruña terá lugar hoxe a partir das 20.00 horas.

As mobilizacións,convocadas por UGT e CCOO, dan continuidade á campaña sostida no tempo iniciada en decembro, que proseguiu os días 19 e 22 de febreiro e agora chegou ao día 23.

Ambos sindicatos denuncian que este país leva tres anos de crecemento económico e as previsións para os vindeiros anos din que continuará a tendencia.Increméntanse os beneficios empresariais pero, por que as melloras non chegan ás familias traballadoras?.

CCOO e UGT denuncia que os problemas creados polos recortes non se corrixen, ao contrario, agrávanse. Aumenta a precariedade laboral, as desigualdades e a pobreza. Non se percibe vontade política para reverter esta situación e o diálogo social bipartito e tripartito non avanza.

Goberno e organizacións empresariais, coa súa inacción e co goteo continuo de actuacións regresivas, pretenden que a clase traballadora siga perdendo rendas e calidade de vida. UGT reclama diálogo social pero a falta de implicación e compromiso leva á mobilización para avanzar en defensa dos dereitos dos traballadores.

Por todo isto, hoxe reclamouse nas rúas galegas subas salariais para garantir o poder de compra das familias e a derrogación das reformas laborais que descompuxeron o mercado laboral e outorgaron un poder desmesurado aos empresarios na negociación colectiva.

Os sindicatos tamén demandan restablecer a prioridade do convenio sectorial como mellor garantía para defender as condicións de traballo das persoas asalariadas; aumentar as pensións conforme ao IPC para que os pensionistas non continúen perdendo poder adquisitivo. En definitiva, hai que recuperar os dereitos sociais e laborais arrebatados aos traballadores nos últimos anos.

Os recortes dos servizos públicos esenciais, das prestacións sociais e da sanidade,a educación e as pensións, por exemplo, afectan a todos os cidadáns e non poden illarse do que sucede nas empresas, onde aumenta a precariedade do emprego, os salarios baixan e perden poder adquisitivo e atácanse os dereitos laborais.

Sobran razóns para a mobilización. UGT e CCOO din si a negociar, a mellorar os salarios, a máis e mellor emprego, a traballos dignos e a un reparto máis xusto da riqueza. Dicimos si porque é de xustiza.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].