Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
​O Congreso Constituínte de UGT FICA Galicia elixe a Javier Carreiro como novo secretario xeral co 79% dos votos

​O Congreso Constituínte de UGT FICA Galicia elixe a Javier Carreiro como novo secretario xeral co 79% dos votos

FICA-UGT de Galicia | viernes, 10 de marzo de 2017

O secretario xeral de UGT FICA, Pedro Hojas, chama a conseguir salarios dignos, emprego estable e a recuperación dos dereitos sociais "nas mesas ou na rúa" e avoga por aproveitar a debilidade do Goberno para conseguir a derrogación das reformas laborais

El secretario xeral de UGT FICA, Pedro Hojas, instou hoxe a todos os traballadores e traballadoras no acto de clausura do Congreso Constituínte de UGT FICA Galicia, a mobilizarse para conseguir salarios dignos, emprego estable e a recuperación dos dereitos sociais xa sexa "nas mesas de negociación ou na rúa" porque, aínda que as relacións laborais están a cambiar, "os dereitos dos traballadores son irrenunciables", e por iso chamou a secundar a nova xornada de loita e reivindicación do próximo 23 de marzo en todas as empresas e sectores, que se desenvolve no marco da campaña iniciada o pasado mes de decembro por UGT e CCOO.

Pedro Hojas insistiu na súa intervención en que 2017 debe ser o ano da recuperación dos salarios e cualificou como "non presentable", a proposta da CEOE para este exercicio, e lembrou que hai razóns sobradas para manter a nosa proposta, cifrada nun incremento na pinza de enre o 1,8% e o 3%, de forma que se poida repartir a riqueza e os traballadores poidan aspirar a ter un salario digno.

Nesta liña, o secretario xeral de UGT FICA reclamou a modificación do sistema de revaloración das pensións, das que dependen 8.610.000 persoas, que teñen unha pensión media de 911€, e dos que o 28% (ao redor de 2.412.000 pensionistas) están por baixo dos 700€. Por iso reclamou dignificar as pensións máis baixas, articular mecanismos de revalorización efectiva, recuperar o Pacto de Toledo e o diálogo social, e buscar novas formas de financiamento do sistema, xunto a paralizar a redución continuada do fondo de reserva e o seu uso abusivo por parte do Goberno do PP.

Ademais, sinalou que debemos de aproveitar a actual debilidade parlamentaria do Goberno para conseguir, entre outras cousas, a derrogación das reformas laborais e paliar os seus efectos negativos. Insistiu en que o obxectivo de UGT sigue sendo homoxeneizar e mellorar as condicións de traballo, e para iso hai que potenciar tamén os convenios sectoriais estatais como instrumento idóneo para conseguir este obxectivo.

Doutra banda, subliñou que temos que estar expectantes ante o actual crecemento económico, que non se fundamenta en bases sólidas, e seguir esixindo un modelo económico capaz de xerar un crecemento sostido e sustentable, baseado na reindustrialización, a consolidación do sector da construción e a mellora das estrucuras das explotacións agrarias.

 Nova Comisión Executiva de UGT FICA Galicia

Por outro os 200 delegados e delegadas asistentes ao Congreso Constituínte de UGT FICA Galicia elixiron hoxe co 79% dos votos á súa nova Comisión Executiva, liderada polo compañeiro Javier Carreiro. A nova Executiva está formada polos seguintes compañeiros e compañeiras:

Secretaría Xeral  Javier Carreiro Vázquez

Vicesecretaría Xeral e Coordinación de Área Externa  Rubén Pérez Prego

Secretaría de Organización e Administración  Juan Fernández García

Secretaría de Política Sindical  Manuel Daveiga Miranda

Secretaría de Política Social e Igualdade  Mª Cruz Vázquez González

Secretaría de Saúde Laboral, Medio Ambiente e Recursos  Ángeles González González

Responsable Sector Alimentación, Bebidas e Tabacos  José A. Insua Barbosa

Responsable Sector Construción e Materiais de Construción  Jesús Mª Calvo Romeu

Responsable Sector Enerxético  Raquel Domínguez Gómez

Responsable Sector Industria Automobilística  Marcos J. Castro Fernández

Responsable Sector Químico, Téxtil e Artes Gráficas  Francisco J. Fornos Tembrás

Responsable Sector Material de Transporte, Electrónica e TIC  Felipe López Calvo

Responsable Sector Minería  José Paradelo Arias

Responsable Sector Siderurgia, Transformación de Metais e Obtención de Materias Primas  Juan Ramón Paseiro Parcero

En clausúraa do congreso interviñeron tamén Javier Carreiro e o secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez. A nova Federación aglutina a máis do 50% da poboación activa de Galicia e a en torno o 40% do total de afiliados e afiliadas da UGT na comunidade autónoma galega.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].