Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Concentracións nas sedes empresariais das cidades galegas en defensa da negociación colectiva

Concentracións nas sedes empresariais das cidades galegas en defensa da negociación colectiva

UGT e CCOO denuncian que o crecemento económico non está a dar resposta ás necesidade da maioría da poboación

UGT-Galicia | miércoles, 22 de febrero de 2017

Ao longo da mañáde hoxe sucedéronse varias concentración, convocadas por CCOO eUGT, ante as sedes das patronais na Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense eVigo (en Santiago e Pontevedra terán lugar pola tarde) en defensa danegociación colectiva e para demandar, que dunha vez por todas,chegue a recuperación económica ás familias, que seguen a sufrirperdas continuas do poder adquisitivo, ben sexa a través dossalarios ou das pensións; altas taxas de desemprego e precariedade;vén como as taxas de cobertura son cada vez menores e como asprestacións sanitarias se lles acurtan.

 

Ambos sindicatosdenuncian que, se ben é certo que o escenario económico estádefinido por un continuo crecemento, cun prognóstico de aumento parao 2017 do PIB do 2,4 por cento en Galicia, esta situación non estáaxudando a frear a crise que se arrastra dende o 2008 e, en moitosaspectos, segue agravándose polos desequilibrios estruturais quepersisten. Así, o crecemento non se traduce nunha mellora dacalidade de vida da poboación e, polo tanto, agudízanse, en moitoscasos, situacións de dificultade económica e desprotección.


 

NA NEGOCIACIÓNCOLECTIVA URXE UN ACORDO QUE GARANTA O PODER DE COMPRA DAS FAMILIAS

 

No eido danegociación colectiva, a mes de febreiro aínda non estáconsensuado un díxito de incremento salarial que permita recuperar opoder de compra dos fogares. O IPC xa está no 3 por cento pero, senembargo, a proposta das organizacións empresariais é dunha subalimitada ao 1,5 por cento. Isto suporía a perda de poder adquisitivodos traballadores nun contexto de expansión da actividade e dosbeneficios empresariais. Inaceptable para UGT e CCOO que xa fixeronunha proposta que pasa por subas de entre o 1,8 e o 3 por cento concláusula de revisión salarial. Neste senso, ambos sindicatosconsideran que urxe un acordo que garanta o poder de compra dasfamilias.

 

No relativo aodesemprego, a súa redución é demasiado lenta e non se ataca unhadas grandes lacras, o paro de longa duración que en Galicia xaafecta a 119.000 persoas, o 58 por cento do total dos desempregados.Por iso, urxe un plan de emprego de choque con medidas específicaspara os colectivos máis prexudicados, como parados de longa duracióne os máis mozos.

Neste senso, CCOO eUGT denuncian que urxe dar resposta ao paro xuvenil que xa afecta ao40 por cento da poboación activa galega menor de 25 anos.

 

A precariedadelaboral aumenta, consolidando un modelo de crecemento insostible,baseado no emprego de baixa calidade, inestable e pouco produtivo. Decada 100 contratos que se asinan, 91 son temporais e dos 9indefinidos só 5 son a tempo completo.

Neste contexto, ataxa de cobertura das prestacións por desemprego caeu 16 puntos nossete últimos anos. Só perciben prestacións o 53 por cento daspersoas en situación de desemprego.

 

Os pensionistastamén son vítimas da perda continua de poder de compra e non sebenefician en nada tampouco do suposto crecemento económico. Oimporte medio da pensión en Galicia é tan só de 771,34 euros e,por riba, o sistema de revalorización actual vai provocar que osmáis maiores perdan poder de compra ano tras ano.

 

A poboación taménestá a asistir a situacións de exclusión inaceptables no eidosanitario pola redución de coberturas.

Todo isto,acompañado dun sistema tributario que non recada o suficiente e queredistribúe pouco. E, como consecuencia de todo o denunciado, Españaé o país da OCDE onde máis aumentou a desigualdade desde o inicioda crise, só por detrás de Chipre, e tamén os niveis de pobreza eexclusión social, que afectan ao 29,2 por cento da poboación.

 

UGT e CCOO reiteranque o crecemento económico non está a dar resposta adecuada ásnecesidade da maioría da poboación que segue sufrindo o impacto dacrise e das políticas de austeridade e desvalorización salarial.Esta situación esixe actuar con urxencia para rescatar ás familiase construír un modelo de crecemento que reduza o desemprego, queatalle a pobreza, que sirva para soster o modelo social, que apostepola industria e a innovación e que recupere a calidade do emprego,a negociación colectiva e o tratamento do despedimento.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].