Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

UGT-Galicia | lunes, 20 de febrero de 2017

UGT-Galiciae o S. N. de CCOO de Galicia convocan para o próximo mércores, día22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais endefensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actualescenario económico vén definido polo continuo do crecemento doproduto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticosde aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que estaincipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora,tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máisde oito anos de crise.

Mediadoxa o mes de febreiro, aínda non foi posible consensuar coaspatronais o díxito de aumento salarial para este ano, tal e como seestablecía no III Acordo sobre Emprego e Negociación Colectiva. Osaumentos dos últimos meses sitúan a taxa interanual do IPCno 3 % en xaneiro, prexudicando a capacidade de compra dos fogares.Porén, a proposta das organizacións empresariais fica curta, conaumentos de «ata o 1,5 %», cifra inaceptable, pois suporía a perdade poder de compra dos traballadores e as traballadoras nun contextode expansión da actividade e dos beneficios empresariais.

UGTe CCOO apostan por compatibilizar a mellora de competitividadeempresarial coa mellora dos salarios reais: subas do 1,8 ao 3 %, concláusula de revisión para evitar que o aumento do IPCpor riba da previsión prexudique o pactado.

Ambosos dous sindicatos defenden a recuperación dos salarios, pero taménda calidade do emprego: nos últimos anos non deixou de medrar aprecariedade; hoxe, de cada 100 contratos que se asinan, 91 sontemporais e 9 indefinidos, dos cales unicamente 5 son indefinidos atempo completo.

Isto,sumado a un paro de longa duración que afecta ao 58 % do total depersoas desempregadas, un paro xuvenil que alcanza ao 40 % dapoboación activa galega menor de 25 anos, a caída en 16 puntos dacobertura das prestacións por desemprego —só recibe prestación o53 % das persoas paradas e rexistradas nos servizos públicos deemprego— e unhas baixas pensións que ocupan os últimos postos anivel estatal —e das que dependen cada vez máis familias—conduce a unha situación insostible.

Ossindicatos defenden que a situación actual esixe actuar con urxenciapara rescatar as familias e construír un modelo de crecemento quereduza o desemprego; que atalle a pobreza nas súas múltiplesmanifestacións; que sirva para soster o modelo social recuperando acalidade perdida na sanidade, a educación, a atención ádependencia; que aposte pola industria e a innovación e a ciencia epor un marco democrático das relacións laborais; que recupere acalidade do emprego, a negociación colectiva e o tratamento dodespedimento. Nesta orde de cousas non se pode esquecer a necesidadede derrogar as reformas laborais impostas que tan lesivas están aser para o mercado laboral.

CONCENTRACIÓNS

ACoruña: ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios da Coruña(praza de Luís Seoane, 1-11)

Ferrol:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Ferrol (Cantónde Molíns, 8-9)

Santiagode Compostela: ás 19.30 h, diante da Confederación de Empresariosde Galicia (rúa do Vilar, 54)

Lugo:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Lugo (praza deSanto Domingo, 6)

Ourense:ás 12 h, diante da Confederación de Empresarios de Ourense (prazadas Damas, 1)

Pontevedra:ás 19 h, diante da Cámara de Comercio (Xardíns de Vicenti, 4)

Vigo:ás 11.30 h, diante da Confederación de Empresarios (rúa de GarcíaBarbón, 104)


 


 


 

Santiagode Compostela, 20 de febreiro de 2017


 

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].