Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Os traballadores da sanidade pública galega demandan a recuperación dos acordos conxelados

Os traballadores da sanidade pública galega demandan a recuperación dos acordos conxelados

Concentración o día 1 ás 11.00 horas diante do Sergas

FeSP-UGT-Galicia | lunes, 30 de enero de 2017

Os sindicatos UGT, CCOO, CIG, SATSE, CSI-F e SAE anunciaron hoxe en rolda de prensa en Santiago que se abre un calendario de mobilizacións no Sergas para demandar a recuperación dos dereitos perdidos nestes últimos anos. A primeiro cita deste calendario será o día 1 a partir das 11.00 horas diante da sede do Sergas en Santiago. Os representantes sindicais advertiron que se a Administración galega non convoca a mesa sectorial e se senta a negociar a recuperación de dereitos as mobilizacións continuarán.

Concretamente, os traballadores do Sergas denuncian os graves recortes que veñen sufrindo nas condicións de traballo e dereitos. Lembraron que existe un Acordo retributivo e de condicións de traballo 2008-2012 que tiña como un dos seus principais obxectivos situar as retribucións no ano 2012, ao final do acordo, na media retributiva do conxunto das comunidades autónomas a ano 2008.

Executouse a parte correspondente aos anos 2008 e 2009 pero no 2010 suspendéronse unilateralmente, por parte da Xunta, os incrementos ligados ao 2010, 2011 e 2012, deixando así aos traballadores do Sergas por debaixo da media retributiva do resto das comunidades autónomas e prexudicando aos grupos con inferiores retribucións.

Outro punto forte do acordo, e que quedou no aire, era que se pasaba a ter en conta as condicións de traballo ligadas á penosidade (traballo a quendas, traballo nocturno, festividade, desprazamentos en vehículos propios, manutencións, traballo en sábados, gardas...).

Dende FeSP-UGT, Javier Martínez, fai fincapé en que nun escenario de recuperación económica e nun contexto no que o presidente da Xunta publicita constantemente o bo estado de saúde das contas públicas desta Comunidade, non se entende que se negue un calendario de recuperación dos dereitos perdidos.

Martínez tamén lle recrimina ao Goberno da Xunta a súa negativa a sentarse e negociar todo o relativo á carreira profesional. Habería que negociar un calendario de execución dos grados pendentes de carreira extraodinaria e as bases para a implantación da carreira profesinal (réxime ordinario) para todo o persoal do Sergas, incluído o persoal interino. Algo que xa están a facer a maioría das comunidades autónomas, están comezando a asinar acordos neste senso.

Os sindicato tamén denuncian o trato discriminatorio que se está a dar aos traballadores do Sergas ao aplicárselles un desconto do 50 por cento durante os tres primeiros días da Incapacidade Temporal, mentres que o resto dos traballadores da función pública poden xustificar a súa ausencia no traballo durante estes primeiros tres días cun simple parte do seu médico e non se lles desconta nada.



 

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].