NOTICIAS
UGT-Galicia rexeita unha recuperación asentada na xeneralización da precariedade
Preto de 70.000 fogares teñen a todos os activos no paro e 37.100 non perciben ingresos
UGT-Galicia | jueves, 26 de enero de 2017
Ante os datos
da EPA feitos públicos hoxe, a Comisión Executiva de UGT-Galicia
manifesta o seu rexeitamento a unha suposta recuperación asentada na
xeneralización da precariedade. O Sindicato denuncia a fraxilidade
do modelo e considera que a crise e a reforma laboral deixaron un
rastro de precarización do mercado laboral e dos dereitos dos
traballadores, producindo un aumento dos niveis de desigualdade ata
situar a preto do 30 por cento da poboación española en risco de
pobreza ou exclusión social. Urxe
outra política económica e social, centrada nas persoas. Unha
política que reduza o desemprego, que cree emprego de calidade e con
dereitos, que mellore os salarios da poboación, para estimular o
consumo e o investimento e se consiga así consolidar a recuperación,
nunha senda de crecemento sostido. Concretando
os datos que se facilitan hoxe, estes indican que en Galicia no
cuarto trimestre de 2016, en relación ao trimestre anterior, a
ocupación cae nun 0,8 por cento, 8.300 persoas ocupadas menos. Con
respecto ao cuarto trimestre de 2015, a ocupación medra nun 1,7 por
cento, por debaixo do 2,29 por cento estatal. Así, a taxa de
ocupación sitúase en Galicia no 44,7 por cento, afastada dos
valores previos á crise, superiores ao 50 por cento, e inferior aos
niveis actuais do Estado, onde se sitúa no 48 por cento. En cifras
absolutas, o número de acupados en Galicia acada as 1.049.600
persoas.
O
desemprego cae en Galicia no trimestre nun 1,21 por cento, 2.500
persoas menos, fronte á baixada do resto do Estado do 1,92 por
cento. No ano cae en Galicia no 8,32 por cento e nun 11,33 por cento
no Estado. Deste
xeito, hai 204.200 persoas en situación de desemprego en Galicia,
segundo a EPA. Tamén se detecta que continúa a diminución da
poboación de 16 ou máis anos. 4.500 persoa menos no ano e, deste
total, 2.600 menores de 25 anos. Isto evidencia que cada vez hai
menos poboación en idade de traballar e un mercado laboral cada vez
máis contraído. A ANÁLISE POR
PROVINCIAS DEBUXA REALIDADES LABORAIS BEN DIFERENTES Analizar
as cifras da EPA por provincias conduce a realidades laborais ben
diferentes dentro de Galicia. A provincia de A Coruña presenta o
mellor escenario, tanto en actividade, como en ocupación, desemprego
e temporalidade. Destacan, por outro lado, as provincias de
Pontevedra e Ourense polas altas taxas de paro. O NÚMERO DE FOGARES
QUE NON PERCIBEN NINGÚN TIPO DE INGRESO INCREMÉNTASE EN RELACIÓN
AO 2009 NUN ALARMANTE 88,3 POR CENTO Un
dato que nos arroxan hoxe as estatísticas e que a UGT-Galicia lle
preoupa, e moito, é o referido á situación dos fogares. Un total
de 69.600 fogares galegos teñen a todos os seus activos en situación
de desemprego, medrando un 55,4 por cento en relación ao 2009. Pero
é que 37.100 fogares galegos a día de hoxe non perciben ningún
tipo de ingreso, un incremento nada máis e nada menos que do 88,3
por cento en relación tamén ao 2009. Unha situación, a xuízo do
Sindicato, insostible que está a conducir a moitos fogares a límites
próximos á pobreza e exclusión social. Por
sectores, a ocupación, con respecto ao trimestre anterior, cae en
todos, salvo no primario, onde aumenta en 5.400 persoas no trimestre.
En relación ao ano anterior, medra en todos os sectores, salvo na
construción, no que cae en 5.100 persoas. DE CADA CEN ACTIVOS
MENORES DE 25 ANOS, 37 ESTÁN NO PARO Outro
dato significativo é a taxa de paro que se sitúa no 16,3 por cento,
máis elevada entre as mulleres, nun 17 por cento. E, certamente,
alarmante, no caso do menores de 25 anos, do 36,6 por cento. Case 37
persoas menores de 25 anos de cada cen activos está no paro en
Galicia. Hai
en Galicia 825.200 persoas asalariadas, caendo no trimestre nun 1,52
por cento, en maior medida que o total da ocupación. Se ben é certo
que o cuarto trimestre está moi influenciado polas contratacións de
nadal, tamén o é que se se compara coa temporada estival, tamén
con altos niveis de contratación, obsérvase unha clara caída. Por
tipo de contratación, no trimestre diminúen tanto os asalariados
con contrato indefinido como os que teñen contratos temporais, aínda
que moito máis estes últimos. Sen embargo, en termos interanuais,
eliminando compoñentes estacionais, mantense a indefinida e medra
nun 6,23 por cento a temporal. De
feito, a taxa de temporalidade retoma valores elevadísimos, do 26,7
por cento, un punto máis que hai un ano, a pesar de que se supón
que a recuperación está máis presente. Para
UGT-Galicia, o maior movemento de asalariados con contrato temporal,
en relación aos de contratos indefinidos, amosa os altos índices
de rotación existentes no mercado laboral galego. HAI 118.900
DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN Outro
aspecto do mercado de traballo que lle preocupa moito ao Sindicato é
o desemprego de longa duración. Hai 118.900 desempregados que levan
máis dun ano nesta situación e 88.800 que levan dous ou máis na
procura de emprego. Por
outra banda, e afondando na precariedade do mercado laboral galego,
hai que destacar que se rexistra unha taxa de parcialidade
involuntaria que xa acada os 61 puntos. É dicir, que de cada cen
persoas que teñen en Galicia un contrato a tempo parcial, 61 están
nesta situación dun xeito involuntario, basicamente, por non ter
atopado outra saída laboral. Ademais, hai que salientar que o 14 por
cento dos ocupados o son con xornada a tempo parcial.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA
É O SECRETARIO DE Secretario
de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social
DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.
% | 2016/IV | 2016/III | 2015/IV | Taxa
actividade | 53,4 | 53,8 | 53,3 | Homes | 58,4 | 59,0 | 58,2 | Mulleres | 48,7 | 49,0 | 48,9 | Taxa
ocupación | 44,7 | 45,0 | 43,9 | Homes | 49,3 | 49,8 | 48,3 | Mulleres | 40,5 | 40,7 | 39,8 | Taxa
desemprego | 16,3 | 16,3 | 17,7 | Homes | 15,6 | 15,7 | 17,0 | Mulleres | 17,0 | 17,1 | 18,6 | Menores
de 25 anos | 36,6 | 37,6 | 42,5 | Taxa
temporalidade | 26,7 | 27,4 | 25,5 | Homes | 25,0 | 25,6 | 23,6 | Mulleres | 28,4 | 29,3 | 27,5 |
| 2016/IVT
miles | Variación
| | trimestre
anterior | mesmo
trimestre ano anterior | | Nº | % | Nº | % | Poboación
de 16 e máis anos | 2.349,3 | 0,0 | 0,0 | -4,5 | -0,2 | Inactivos | 1.095,5 | 10,8 | 1,0 | -3,1 | -0,3 | Homes | 467,8 | 7,2 | 1,6 | -3,3 | -0,7 | Mulleres | 627,7 | 3,6 | 0,6 | 0,2 | 0,0 | Activos | 1.253,8 | -10,8 | -0,9 | -1,4 | -0,1 | Homes | 467,8 | -7,2 | -1,1 | 1,1 | 0,2 | Mulleres | 597,0 | -3,6 | -0,6 | -2,5 | -0,4 | Ocupados | 1.049,6 | -8,3 | -0,8 | 17,1 | 1,7 | Homes | 554,1 | -5,7 | -1,0 | 9,7 | 1,8 | Mulleres | 495,5 | -2,6 | -0,5 | 7,4 | 1,5 | Asalariados
| 825,2 | -12,7 | -1,5 | 12,9 | 1,6 | Con
contrato indefinido | 605,2 | -3,1 | -0,5 | 0,0 | 0,0 | Homes | 316,4 | -3,3 | -1,0 | 1,7 | 0,5 | Mulleres | 288,8 | 0,3 | 0,1 | -1,6 | -0,6 | Con
contrato temporal | 220,0 | -9,6 | -4,2 | 12,9 | 6,2 | Homes | 105,5 | -4,3 | -3,9 | 8,2 | 8,4 | Mulleres | 114,5 | -5,3 | -4,4 | 4,6 | 4,2 | Parados | 204,2 | -2,5 | -1,2 | -18,5 | -8,3 | Homes | 102,7 | -1,6 | -1,5 | -8,6 | -7,7 | Mulleres | 101,5 | -1,0 | -1,0 | -9,9 | -8,9 | Menores
25 anos | 21,5 | -3,3 | -13,3 | -4,3 | -16,7 | Nº
ocupados por sectores
| | | | | | Agricultura | 77,4 | 4,0 | 5,4 | 11,8 | 18,0 | Industria | 165,5 | -0,7 | -0,4 | 6,2 | 3,9 | Construción | 70,2 | -1,7 | -2,4 | -5,1 | -6,8 | Servizos | 736,5 | -9,8 | -1,3 | 4,1 | 0,6 | Fogares | | | | | | Vivendas
sen perceptores de ingresos
| 37,1 | 2,30 | 6,6 | 4,30 | 13,1 | Vivendas
familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son
parados | 69,6 | -2,50 | -3,5 | -5,50 | -7,3 |
| TAXA DE ACTIVIDADE | TAXA DE OCUPACIÓN | TAXA DE PARO | TAXA DE TEMPORALIDADE | A Coruña | 55,2 | 47,2 | 14,5 | 25,3 | Lugo | 50,5 | 43,5 | 13,7 | 26,6 | Ourense
| 48,5 | 39,1 | 19,2 | 24,0 | Pontevedra | 53,9 | 44,0 | 18,5 | 29,1 |
Volver
|
|
|