Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Urxe un pacto para rescatar ás persoas vítimas de oito anos de crise e seis de intensos recortes

Urxe un pacto para rescatar ás persoas vítimas de oito anos de crise e seis de intensos recortes

O Comité Nacional de UGT-Galicia, que se reuniu hoxe en Santiago, reclama á Xunta unhas contas públicas ao servizo das persoas

UGT-Galicia | jueves, 19 de enero de 2017

O ComitéNacional de UGT-Galicia -máximo órgano de dirección do Sindicatoentre congresos e do que forman parte máis de 80 membros enrepresentación das federacións de nacionalidade, das uniónscomarcais e da propia Executiva de UGT-Galicia- reuniuse hoxe enSantiago. Nesta xuntanza aprobrouse unha declaración na que seapunta á necesidade de consolidar un pacto para rescatar ácidadanía galega vítima de oito anos de crise e seis de intensosrecortes porque, do contrario, córrese o risco de caer nunha fondafractura social.

O Comité constatou que en España e en Galicia,tras oito anos de intensa crise e seis de políticas de austeridadeextrema que deterioraron o estándar de vida de millóns de familias,a maioría da cidadanía anhela un cambio de rumbo que teña comoresultado unha mellora da súa situación económica, unharecuperación de dereitos laborais e das liberdades cidadás e unfortalecemento do estado de benestar e dos servizos públicosesenciais.

Para o Comité Nacional, a nova situaciónpolítica en España e en Galicia ven marcada pola necesidade deacordos políticos e sociais. É preciso mudar o rumbo, non éposible continuar con políticas sociais e económicas centradas namera redución de gastos, que non teñen en conta as súasconsecuencias sobre as condicións de vida da poboación traballadorae a sociedade en xeral.

Por iso, o Comité Nacional de UGT-Galicia advirteque os gobernos deben abrir un proceso de diálogo social sen demorapero, tanto no eido do Estado como en Galicia, a cidadanía ten queser consciente de que, para recuperar dereitos e avanzar, haberá querecorrer á mobilización, se non se abren espazos de diálogoconcretos.

UGT non se vai resignar a que non se repartanparte dos beneficios que se están xerando, hai crecemento pero nonhai redistribución. Por iso, se non se abren os espazos de diálogodemandados con resultados tanxibles, o Sindicato continuará cosprocesos de mobilizacións indefinidas e crecentes que poderíanconfigurar un posible escensario de folga xeral.

ANÁLISE SOCIOLABORAL DE GALICIA

Se ben é certo que en Galicia os datos daContabilidade relativos ao terceiro trimestre do ano 2016, amosan uncrecemento do 3,3% do PIB en termos interanuais e que no terceirotrimestre deste ano hai un crecemento do emprego, con respecto aotrimestre, medra o 2,3% o emprego total e un 3,3% o asalariado, taméno é que dende o comezo da crise perdéronse preto de 160.000empregos na nosa comunidade. Por sectores, a caída da ocupaciónentre 2008 e a actualidade é brutal. Na construción diminúe o 46%,na industria o 23%, no agropesqueiro o 28% e nos servizos o 3%.

A pesar dos repuntes deste ano, as cifras deocupación seguen evidenciando un retroceso que nos leva ásestadísticas de finais do ano 2002, hai na actualidade 1.057.900empregos (non hai que esquecer que en Galicia chegamos antes da criseá cifra dun millón douscentos quince mil empregos).

Cos datos da EPA, comprobamos que unha sexta parteda poboación activa está no desemprego, unha media de 220.000persoas no desemprego. Pero o máis preocupante é o desemprego delonga duración, o que evidencia a ausencia de oportunidades domercado laboral, 122.800 persoas desempregadas levan máis dun ano noparo e deles, 92.500, levan máis de dous anos. E a isto hai queengadirlle 21.400 parados e paradas que buscan o seu primeiro empregoe que por non atopalo só lles queda unha saída, a emigración.

Por outro lado, a precariedade dos fogares galegosé manifesta, os fogares nos que todos os seus membros activos estánen situación de desemprego son 72.100. O primeiro dato que publicouo IGE foi o do terceiro trimestre do ano 2009, xa en crise económica,e nese trimestre os fogares nesta situación eran case a metade,44.800.

Fronte a isto, a taxa de cobertura por desempregoexperimenta unha caída continua. No 2011 a taxa de coberturasuperaba o 70%. Na actualidade esta é de tan só o 52,5% e, ademais,de carácter maioritariamente asistencial, co que podemos facernosunha idea dos baixos ingresos que está a percibir a cidadaníagalega no desemprego. A isto hai que engadir que en Galicia máis de105.495 persoas desempregadas, 52 de cada cen parados e paradas, noncobran ningún tipo de prestación e hai 34.800 fogares nos que nonhai perceptores de ingresos. Isto leva a que cada vez o risco deexclusión social se amplíe a un maior número de persoas.

O balance da crise tamén é claro no referente ádistribución das rendas, favorecendo ao empresariado e prexudicandoaos traballadores asalariados. A remuneración do persoal asalariadoen Galicia perde peso con respecto ao total de renda xerada nacomunidade, ao pasar do 46,9% do total en 2008 ao 43,6% no segundotrimestre de 2016 (últimos datos dispoñibles). Isto sucede,basicamente, pola perda de emprego e a contención salarial. Polacontra, o empresariado, curiosamente nunha etapa de crise, gañoumáis, a súa renda pasa de representar o 45% en 2008 ao 46,5% nosegundo trimestre de 2016.

Con este escenario, está claro que o deterioro dacalidade de vida da cidadanía é cada vez maior, así, a taxa derisco de pobreza ou exclusión social (estratexia Europa 2020) enGalicia é do 25,7% da poboación (dato INE: Enquisa de condiciónsde vida 2015).

Pero non só hai desigualdade entre traballo ecapital, senón que dentro dos asalariados e asalariadas prodúceseun incremento daqueles que perciben menores salarios, caída dossalarios medios, e aumento das persoas asalariadas con maiorremuneración. 310.093 asalariados galegos (o 31,2% do total) teñenun salario medio inferior ou igual ao SMI (dato AEAT 2015).

ANÁLISE ORZAMENTOS XUNTA

Neste contexto, os Orzamentos da Comunidadeautónoma seguen na senda da supeditación ás esixenciasfinanceiras. A débeda acumulada da nosa Comunidade achégase aomáximo, 10.727 millóns de euros. Cando chegou, en marzo de 2009 oGoberno do PP a débeda era de preto de 4.000 millóns de euros. Istocondiciona calquera deseño de orzamento, xa que hai que afrontar oscustos desa débeda (intereses e amortizacións). No ano 2009afrontar estes custos representaba o 3.3% do total orzamentario, parao 2017 supón nada menos que o 17%, o que implica recortar recursos adisposición da actividade económica, do emprego e da sociedade enxeral.

Novamente, deséñase un teito de gasto nonfinanceiro, fixado en 9.063 millóns de euros. O Comité Nacional entende que esta liña tería que vir acompañada dun chan de gastomínimo que preserve o estado de benestar e contrarreste a incertezaintroducida cos teitos de gastos non financeiros; a tranquilidade dosmercados financeiros non pode deixar de lado a contribuíntes epersoas beneficiarias destes orzamentos, á cidadanía galega.

Aínda que o orzamento destinado a emprego medra o15,3% con respecto ao ano anterior, non recuperou os valores previosá crise. Se no ano 2008 o orzamento para esta función era de 378,7millóns de euros, para o ano 2017 é de 241,9 millóns de euros. Ecomparando eses dous períodos hai 160.000 empregos menos e 96.400desempregados máis. O orzamento en emprego, con respecto ao máximoque houbo no ano 2009, contráense nun 42% os recursos, mentres quehai un 28% máis de persoas desempregadas.

A Xunta, tal como vimos demandando, debería darun xiro cara uns orzamentos baseados nunha fiscalidade progresiva,cara un sostido crecemento económico e do emprego, apoiando aosnosos sectores produtivos, apostando pola revitalizando industrial, onaval a industria electrointensiva e non deixando ó pairo dosmercados a sectores como o agrogandeiro e o pesqueiro. Defendemos unestado do benestar na actualidade ameazado, cara unha protecciónsocial que garanta unha sociedade cohesionada, cara a garantía doemprego público e de calidade e cara un modelo económico máistecnolóxico e con máis valor engadido, acabar co déficit históricoen I+D+i, que permita superar os déficits estruturais da nosaeconomía e para que a nosa industria sexa máis competitiva.

O Sindicato continuará vixiante para que, coaescusa do cumprimento dos obxectivos de déficit, non se desmantelenou deterioren aínda máis os nosos servizos públicos.

Para UGT, é prioritario recompor a sociedaderescatando ás persoas dos tremendos danos sociais ocasionados pormáis de oito anos de intensa crise e por seis anos de políticas derecortes e de desmantelamento dos sistemas públicos esenciais. Ocrecemento económico non logrará iso por si só. Necesítase unhaacción decidida dos poderes públicos para reparar os danosocasionados. Isto require dun pacto que expoña este rescate demaneira extensa e coordinada, que afecte a toda a protección socialdo noso país, que se deteriorou de maneira moi preocupante e poderíadesembocar en fractura social se non se actúa con urxencia.

UGT lembra que o noso país necesita, de maneiraprioritaria e urxente, actuacións para crear emprego con dereitos,para mellorar o sistema de protección social e combater a pobrezacrecente mesmo entre a poboación traballadora.

PRIORIDADE, RESCATAR ÁS PERSOAS. DEMANDAS EPROPOSTAS DE UGT-GALICIA

En liña cos documentos “20 actuaciónsurxentes polo progreso e o benestar social” e “Balance dalexislatura en Galicia e propostas de UGT e CCOO”, que elaboramosconxuntamente, expuxemos aos novos gobernos e aos gruposparlamentarios unha serie de medidas que consideramos imprescindiblespara solucionar os problemas laborais e sociais máis graves do nosopaís, que son os da maioría da sociedade e que afectan a todos osámbitos esenciais que conforman a nosa realidade social, económicae laboral.

Na nosa Comunidade, o Comité Nacional, en liñaco documento presentado a todos os partidos políticos nas pasadaseleccións autonómicas, reclama un cambio das políticas económicaspara consolidar un novo modelo de crecemento máis equilibrado esostible, xerador de emprego de calidade, así como a diminución dasdesigualdades.

Para isto, UGT-Galicia demanda unhas contaspúblicas ao servizo das persoas. A Xunta de Galicia debe renunciar óaustericidio e utilizar a nosa autonomía fiscal para incrementar osingresos pero de maneira máis xusta e equitativa que a recollida nosorzamentos. Para iso, sería preciso subir os tipos impositivos paraos tramos de renda máis altos, crear novos tributos e reducir asdeducións actuais como fórmula de mellorar a sostenibilidade dascontas públicas e non actuar só sobre os gastos públicos.

Debería, ademais, derrogar a Lei de DisciplinaOrzamentaria, que limita o teito de gasto e obriga a destinar osingresos a reducir a débeda, e recoñecer un chan de gasto social,que permita o mantemento de niveis de protección suficientes enservizos públicos esenciais.

É fundamental reforzar a dotación orzamentaria eunha correcta asignación e xestión en dúas áreas prioritarias:investimentos e preservación e reforzamento do sistema de protecciónsocial e a prestación de servizos públicos de calidade, ampliando aprotección social e os servizos sociais.

Ademais, o Goberno galego deberá manter unhaactitude máis firme ante o Goberno de España votando en contra dainxusta distribución do déficit público entre as diferentesadministracións e esixindo un novo sistema de financiamentoautonómico para recuperar os ingresos perdidos nos últimos anos.

En materia de emprego é preciso un cambio naspolíticas de emprego e apostar por un plan de emprego negociado,vinculado tanto ao crecemento como á cobertura das necesidadessociais que debe ter como obxectivo dar oportunidades de emprego aoscolectivos con máis dificultades. Un plan de actuación para estescolectivos, con recursos adecuados, posta en marcha de políticasbaseadas en itinerarios personalizados de asesoramento, orientacióne formación para mellorar a cualificación, co fin de aumentar aempregabilidade.

Tamén urxe restablecer e incrementar asprestacións sociais e unha das pezas fundamentais é a Prestaciónde ingresos mínimos que amplíe a acción protectora da SeguridadeSocial e garanta uns ingresos que aseguren unhas condicións básicas.UGT e CCOO presentamos conxuntamente unha Iniciativa LexislativaPopular no Parlamento para promover a introdución de ditaprestación. En Galicia estimamos que podería beneficiar ao redor de90.000 persoas.

Isto é complementario coa Renda de inclusiónsocial de Galicia que debe dotarse de recursos suficientes paraatender ás persoas que se atopan en situación de necesidade.

É preciso conquerir a universalización daprotección social, regulando os servizos sociais como dereitosbásicos á protección ante situacións de desvantaxe, á proteccióndas situacións de dependencia, á protección da infancia e áadolescencia e á situación de risco e desamparo, en termos dexustiza, solidariedade e igualdade.

Demandamos unha lei integral de protección áspersoas maiores que contemple os ámbitos de saúde, vivenda,protección económica, xurídica, cultura e lecer. A Xunta deGalicia debe velar pola suficiencia económica das persoas maioresreivindicando pensións dignas. O complemento autonómico de pensiónsmínimas, froito do diálogo social, mostrouse como un instrumentoútil aínda que insuficiente no contexto de crise, polo quedemandamos o seu mantemento.

Reivindicamos unha lei específica de atención eaxuda ás familias galegas para que os poderes públicos asegurenunha protección social, económica e xurídica das mesmas.

No relativo aos servizos públicos, demandamos enGalicia un Pacto pola educación, a sanidade, a

xustiza, os servizos sociais e os servizospúblicos, recuperar o emprego nos sectores e ramas de actividade quelle son propios para asegurar a calidade e eficiencia dos servizosque se prestan a toda a cidadanía.

O Comité Nacional de UGT-Galicia tamén consideraque Galicia necesita apostar polo fortalecemento do sector primariocomo elemento clave no compromiso co desenvolvemento rural sostible eno sector pesqueiro as políticas deben abordar a situación dosdescartes, tendo en conta as diversas pesquerías que se fan enGalicia. Por outra parte, debe facerse unha aposta de país para manter a pesca artesanal e o marisqueo.

Outro dos obxectivos debe ser defender o sectorindustrial e incrementar o investimento en I+D+i. Hai que recuperar apolítica industrial como elemento esencial do novo modelo dedesenvolvemento sostible, que preste especial atención aos sectoresmáis dinámicos e aos de maior contido tecnolóxico, fomentando ainnovación (especialmente nas PEMES) e apostando pola formación coacolaboración entre os centros educativos e as empresas.

Demandamos un plan industrial de carácterestratéxico con instrumentos, tanto sectoriais como territoriais,que persiga a meta de recuperar o nivel de actividade e de empregoperdido, apostando por consolidar actividades e empresas nas queGalicia ten xa presenza e no impulso de novos sectores industriais.

É prioritario fortalecer o desenvolvemento daindustria en Galicia, co obxectivo marcado pola UE de acadar o 20% doPIB en 2020, apoiar os sectores produtivos galegos con políticassectoriais específicas e forzar os compromisos do Goberno central(caso do sector naval ou dos prezos enerxéticos) e europeo (para ofuturo do sector pesqueiro) cando residan alí as competencias.

Neste contexto, precísase estimular a I+D+i etodas as actividades produtivas, incrementando o gasto público,avanzando cara o obxectivo da Estratexia Europa 2020 do 2% do PIBdestinado a I+D.

Estas, entre outras moitas actuacións e reformas,son as cuestións que consideramos prioritarias para recuperar unproxecto de país ilusionante, incluinte e solidario. O Goberno debeabrir un proceso de diálogo social sen demora, no que se abordentodas estas materias. O Comité Nacional considera que para cumpirestes obxetivos, tanto no ámbito do estado como en Galicia, oscidadáns teñen que ser conscientes de que para recuperar dereitos eavanzar teremos que recorrer á mobilización, se non se abrenespazos de diálogo concretos de negociación.

NEGOCIACIÓN COLECTIVA

En materia de negociación colectiva, considérasea necesidade de que os incrementos salariais para 2017 móvanse nunhafranxa entre o 1,8% e o 3%. Ademais, os datos de IPC do mes dedecembro reafirman a necesidade de aumentar os salarios nesta franxapara que os traballadores non perdan poder adquisitivo.

Dado que o IPC interanual do mes de decembrosituouse no 1,6% (unha décima máis do previsto no avance), e que oincremento salarial medio pactado en convenio ata decembro de 2016situouse no 1,06%, segundo os datos do Ministerio de Emprego, oresultado é que os salarios perderon medio punto de poderadquisitivo o ano pasado.

Con estes datos, e coa previsión de inflaciónpara 2017 de entre o 1,1% e o 1,7%, expoñer aumentos salariais desdeo 0% ata o 1,5%, como fan CEOE e CEPYME, resulta insuficiente eindignante. E, neste sentido, os datos tamén confirman que ospensionistas perderán como mínimo o 1,3% de poder de compra porqueo Goberno subiulles a pensión un raquítico 0,25%.

Para o Comité Nacional, é urxente abandonar amoderación salarial e que os traballadores recuperen poderadquisitivo, co fin de fomentar o consumo e o investimento.

O COMITÉ NACIONAL ADOPTA RESOLUCIÓN DE APOIOE SOLIDARIEDADE COS COMPAÑEIROS DE ASTURIAS

Por unanimidade, oconxunto dos organismos presentes no Comité Nacional que se celebrouhoxe en Santiago, adoptou unha resolución de apoio e solidariedadecos compañeiros de UGT-Asturias polos feitos que teñen acontecidonestes últimos días. Ademais, o Comité cualificou as actuaciónslevadas a cabo nesta contexto como realmente desproporcionadas.



 



 

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].