Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Consolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contratos e con menos cobertura para os parados

Consolídase en Galicia un modelo de mercado laboral baseado na rotación e a baixa calidade dos contratos e con menos cobertura para os parados

Só o 7,5 por cento da contratación en Galicia é indefinida e a taxa de cobertura segue en mínimos

UGT-Galicia | miércoles, 4 de enero de 2017

En Galicia segue a haber máis de 200.000 desempregados

​Remata o mes de decembro de 2016 con 205.914 desempregados en Galicia, medrando o 1.2% con respecto ao mes anterior, o que representa 2.360 persoas desempregadas máis. Ista é unha evolución moi desfavorable se a comparamos co sucedido no Estado, no que cae o desemprego nun 2,3%. No Estado a cifra de desempregados sitúase en 3.702.974, caendo en 86.849 parados menos. Pola contra, Galicia ten unha evolución contraria á do Estado e a da maioría das CCAA, tan só medra en Cantabria, Galicia e A Rioxa (de máis a menos, por esta orde).

En termos interanuais, dende hai catro anos consolídase a contracción do desemprego neste mes. En Galicia a variación foi de baixada do desemprego nun 10%, cun total de 22.894 desempregados menos (no Estado tamén hai unha acusada contracción con 390.534 parados menos, o -9,5%).

 

DecembroVariación mensualVariación interanual
20071,5-3,5
20085,022,5
20092,817,3
20102,46,5
20111,98,8
20120,88,0
20130,1-2,8
20141,3-7,1
20151,6-9,2
20161,2-10,0


A mellora beneficia aos homes pero perxudica ás mulleres

O aumento do desemprego, no mes, non repercute de xeito igual nos homes que nas mulleres, medrando con forza nos homes o 3,7% e caendo nas mulleres o -0,9 %. A pesar desta evolución as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando unha porcentaxe do 54,2% do total.

En termos interanuais cae en ambos sexos, pero como xa se ven consolidando, a recuperación das cifras de desemprego beneficia moito máis a homes que a mulleres. Os homes contraen a cifra de desempregados nun 11,7% fronte á menor caída, o -8,54%, no caso das mulleres. O mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis aos homes, a desigualdade segue presente. 94.353 desempregados e 111.561 desempregadas no mes.

A saída de mozos a outros países fai que baixe o paro

Por idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.391 persoas, cunha evolución máis favorable que a do total do paro. Medra no conxunto de idades o 1.16% e nos menores de 25 anos cae o 4,53%. No ano hai unha caída tamén máis acusada que no total de idades (a caída de parados menores de 25 anos é do 17.33%, que son 1.969 persoas desempregadas menos) fronte ao -10% do total de idades. As razóns desta forte caída podemos atopala na saída de efectivos da nosa comunidade así como a falta de relevo xeracional.

O paro aumenta con contundencia na Construción e na Industria

No mes, por sectores, cae nos Servizos e no Sen emprego anterior, o 0,7% e 2,6% respectivamente. É lóxico pola temporada de Nadal que haxa un repunte de emprego nos servizos, pero medra con contundencia, como ven sendo habitual neste mes nos últimos anos, na Construción cun 8,61% máis, o que representa que haxa 1.852 parados máis. Tamén na industria hai un considerable aumento do desemprego, 1335 parados máis, o 5,52%

No ano contraese con contundencia en todos eles, en todos os sectores, destacando a contracción de máis de 12.000 desempregados nos Servizos.

O modelo de mercado laboral galego baséase na rotación e a baixa calidade dos contratos

No mes rexistráronse un total de 71.509 contratos, proba da rotación que se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase en torno a 840.000 persoas. No mes de decembro caen tanto os indefinidos, nada menos que o 11,5%, como os temporais, que caen o 5,5%. Tamén cae a contratación no mes, o 6%, e medra o 4,2% no ano. A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,5%. Tan só 7,5 de cada cen contratos son de modalidade indefinida, ben sexan iniciais ou conversións en indefinido.

A taxa de cobertura segue estando por debaixo da media de España, xa de por si moi baixa

A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia en novembro de 2016 (último dato dispoñible), é de tan só 98.059, segue en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 40.535 son beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 52,5% no mes, moi por debaixo do 55,7% no Estado.

En Galicia hai 105.495 persoas desempregadas sen ningún tipo de cobertura.

A afiliación á SS tamén por debaixo da media nacional

A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 963.735 afiliados cotizantes en Galicia), 4.809 afiliados menos, o que representa un 0.5%. Na nosa Comunidade dáse unha evolución contraria á do conxunto do Estado, contexto no que medra a afiliación nun 0,4%. Con respecto ao mes de decembro de 2015 medra a afiliación en 1,86%, 17.613 máis. No Estado o incremento é do 3,12%, moi superior ao noso contexto.

 

GALICIADecembro 2016VARIACIÓN SOBRE
Mes anteriorMesmo mes ano anterior
%%
DESEMPREGO
Nº desempregados rexistrados205.9142.3601,2-22.894-10,0
* homes94.3533.3303,7-12.471-11,67
* mulleres111.561-970-0,9-10.423-8,54
Nº parados mozos < 26 anos9.391-446-4,53-1.969-17,3
Nº desempregados por sectores* 
* agricultura8.3055156,6-924-10,0
* industria25.4991.3355,5-3.353-11,6
* construción23.3681.8528,6-4.773-17,0
* servizos132.419-914-0,7-12.051-8,3
* sen emprego anterior16.323-428-2,6-1.793-9,9
Beneficiarios prestación por desemprego (novembro)98.059 
Taxa de cobertura prestación por desemprego (novembro)52,49
Parados totais sen ningún tipo de prestación (novembro)105.495
CONTRATACIÓN 
Nº contratos71.509-4.571-6,02.8634,2
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)5.342-692-11,593721,3
Nº contratos temporais66.167-3.879-5,51.9263,0
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL 
Nº afiliados (datos provisionais)963.735-4.809-0,517.6131,86
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS
Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].