Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT-Galicia advirte de que Galicia aporta case o 19 por cento do incremento do paro de todo o Estado

UGT-Galicia advirte de que Galicia aporta case o 19 por cento do incremento do paro de todo o Estado

UGT-Galicia | viernes, 2 de diciembre de 2016

Os datos do paro feitos públicos hoxe evidencian que se está construíndo a recuperación sobre os pés de barro do emprego precario. Non se pode dicir que España teña saído da crise, a pesar dos recentes resultados positivos en termos de PIB, con case 3,8 millóns de persoas en paro no Estado e máis de 200.000 en Galicia, dos cales tan só do 51,7 por cento perciben algún tipo de prestación por desemprego.

UGT-Galicia advirte que a recuperación económica se está construíndo sobre emprego precario e isto significa pan para hoxe e fame para mañá, á vez que aboca a millóns de persoas á pobreza laboral.

Urxe un cambio de políticas, apostando polos factores que permiten crecer a medio e longo prazo. Hai que afrontar un triplo reto para os vindeiros anos, inducir un crecemento máis equilibrado, sostible e integrador; xerar máis e mellor emprego, de calidade e con dereitos; e elevar o benestar e a calidade de vida de todos, con especial atención á corrección das desigualdades de todo tipo e a superación das bolsas de pobreza que a crise e as políticas aplicadas estenderon.

VIXIANTES ANTE AS CONTRATACIÓNS DE NADAL

UGT-Galicia lembra aos traballadores, e con máis énfase ante as contratacións de nadal, que, aínda que os seus contratos sexan temporais, teñen dereitos, incluído o de recibir formación, a prevención de riscos, axeitada aos seus postos de traballo, e que poden reclamar que estes se cumpran.

UGT-Galicia tamén lembra ao Executivo galego que nos Orzamentos da Xunta para o 2017 ten un bo instrumento para garantir un cambio de orientación de políticas económicas para xerar máis crecemento, emprego de calidade e a diminución das desigualdades.



 

Segundo os datos facilitados hoxe, o desemprego medrou en Galicia no mes de novembro un 2,32 por cento, 4.614 desempregados máis. Así, esta Comunidade ten un total de 203.554 desempregados. A evolución en Galicia é máis desfavorable que no resto do Estado, o paro medrou no mes un 0,66 por cento. Galicia achega, nada máis e nada menos, que o 18,6 por cento do incremento do paro do Estado.

En termos interanuais, en Galicia o paro baixou un 9,6 por cento, un 8,7 por cento no resto do Estado.

Por sexos, o aumento do desemprego repercute de igual xeito entre os homes que entre as mulleres, medrando un 3,12 por cento no caso masculino e un 1,68 por cento entre as mulleres. A pesar desta evolución, as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando o 55,3 por cento do total. O mercado laboral, ao retomar unha senda de mellora, beneficia moito máis aos homes.

Por idades, o paro para os menores de 25 anos sitúase en 9.837 persoas, medrando mensualmente nun 5,9 por cento. No ano cae un 15,4 por cento, como consecuencia da saída de efectivos da nosa Comunidade, así como, a falta de relevo xeracional.

Por sectores, o paro aumenta en todos, máis acusadamente en servizos, un 2,65 por cento. No ano contráese en todos.

En canto á contratación, no mes rexistráronse un total de 76.080 contratos, proba da rotación que se dá no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados sitúase en torno a 840.000. Cae a contratación no mes nun 11,82 por cento e medra no ano un 11,8 por cento. A porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é do 7,93 por cento. No Estado esta porcentaxe é do 8,9 por cento.

A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia é tan só de 94.369, en valores mínimos. O carácter contributivo desta prestación está tamén en mínimos, tan só son 38.486 beneficiarios de prestación contributiva. A taxa de cobertura é do 51,7 por cento, moi por debaixo do 54,1 por cento no Estado.

A media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 968.544 afiliados cotizantes, un 0,31 por cento menos.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



 

GALICIA

Novembro 2016

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

203.554

4.614

2,3

-21.604

-9,6

* homes

91.023

2.753

3,1

-11.686

-11,4

* mulleres

112.531

1.861

1,7

-9.918

-8,10

Nº parados mozos < 26 anos

9.837

552

5,95

-1.791

-15,4

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

7.790

299

4,0

-980

-11,2

* industria

24.164

391

1,6

-3.370

-12,2

* construción

21.516

311

1,5

-4.530

-17,4

* servizos

133.333

3.443

2,7

-11.023

-7,6

* sen emprego anterior

16.751

170

1,0

-1.701

-9,2

Beneficiarios prestación por desemprego (outubro)

94.369

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro)

51,75

Parados totais sen ningún tipo de prestación (outubro)

104.571

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

76.080

-10.194

-11,8

8.010

11,8

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.034

-604

-9,1

755

14,3

Nº contratos temporais

70.046

-9.590

-12,0

7.255

11,6

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

968.544

-3.008

-0,3

19.414

2,05

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].