Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
UGT presenta a campaña “No traballo que non che obriguen a facer o animal”

UGT presenta a campaña “No traballo que non che obriguen a facer o animal”

UGT | viernes, 18 de noviembre de 2016

UGT presentou no día de hoxe a campaña desensibilización “No traballo que non che obriguen a facer o animal”, unha campaña de ámbito nacional para 2concienciar aos traballadores e traballadoras das consecuencias que a súa actividade laboral pode ter na súa saúde ao longo do tempo”.


 

“É necesario protexer a saúde presente e futura dos traballadores”, sinalou, “porque durante estes anos de crise as persoas teñen medo a perder o seu posto de traballo e están a antepoñer o seu emprego á súa saúde”.


 

A campaña céntrase, en maior medida, nos trastornos musculoesqueléticos, “porque é a primeira causa de accidentes de traballo”, e no cancro de orixe laboral, “xa que existe unha infradeclaración desta enfermidade como laboral. No último ano só declaráronse 26 casos,cando hai estudos que sinalan que en España prodúcense 9.500 mortes en España por cancro cada ano que poderían estar relacionadas co traballo”.


 

Ana García afirmou tamén que o tipo de emprego que se está creando debido á reforma laboral do Goberno do PP está a agravar a sinistralidade laboral. “Cada vez aumentan máis os niveis de temporalidade e precariedade no traballo e isto está a producir un aumento das enfermidades profesionais e os accidentes de traballo2.


 

Neste sentido, manifestou que “produciuse un aumento entre 2012 e 2015 do número de accidentes de traballo con baixa por sobreesforzo un 16,1%; un aumento da sinistralidade mortal un 13,9%; e un repunte do total dos accidentes de traballo un 6,6%”.


 

Isto únese a “a escasa conciencia dos empresarios en materia de prevención, xa que non teñen asimilada para nada a cultura preventiva nos seus negocios. Dedícanse a cumprir a lei para evitar a multa, pero non apostan decididamente pola prevención na empresa. A ven como un gasto, non como un investimento, pero está demostrado que empresas con maior cultura preventiva melloran tanto a súa produtividade como as condicións dos seus traballadores”, considerou.


 

Ademais, sinalou que “desde UGT queremos alertar dos posibles efectos negativos en materia de saúde laboral que pode traer a campaña de Nadal que se vai a iniciar nuns días, xa que, como todos sabemos, é unha campaña onde se crean postos de traballo temporais, precarios e con escasas remuneracións e na que a saúde dos traballadores pódese ver afectada significativamente”.


 

Por iso, animou aos traballadores a “denunciar calquera posible situación que prexudique a súa saúde. Que non che obriguen a facer o animal. Protexe a túa saúde e reclama os teus dereitos”.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].