Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Consolídase o binomio emprego-pobreza

Consolídase o binomio emprego-pobreza

Creación de emprego, temporalidade e precariedade van da man

UGT-Galicia | jueves, 27 de octubre de 2016

Os datos da EPA referidos ao terceiro trimestre do ano e feitos públicos hoxe reflicten que, si baixou o desemprego, pero que tamén que a temporalidade e a precariedade enquístanse no mercado laboral galego. Dende UGT-Galicia denúnciase que estase consolidando o binomio emprego-pobreza con 72.100 fogares con todos os activos no paro; 34.800 vivendas nas que xa non hai perceptores de ingresos; cunha taxa de paro entre os máis mozos que xa se achega ao 40 por cento; unha taxa de temporalidade elevadísima que xa supera o 27 por cento; con 123.000 parados de longa duración; e unha taxa de parcialidade involuntaria que xa se sitúa no 63 por cento.

Á vista destes datos é evidente que a recuperación do emprego, tanto en Galicia como no resto do Estado, é só en termos cuantitativos, estacional e precaria. As medidas do Goberno, centradas nunha reforma laboral lesiva e inxusta para os cidadáns, lonxe de corrixir a dualidade do mercado laboral, están estendendo a precariedade e a desigualdade.

Para UGT-Galicia, a recuperación do mercado de traballo deste Goberno é irreal. É necesario un plan de choque polo emprego que implemente políticas activas dende o público, así como, a protección das persoas, tendo como obxectivo crear empregos de calidade e con dereitos e derrogar a reforma laboral.

O Sindicato considera imprescindible un cambio de rumbo das políticas neste país, apostando por factores que permitan á economía crecer a medio e longo prazo e que mellore as rendas dos traballadores. Só así conseguirase encarar a recuperación de xeito sostible e diminuír os niveis de desigualdade e pobreza.

Entrando de chego nas estatísticas que ratifican esta realidade, hai que indicar que en Galicia medra a ocupación, en relación ao segundo trimestre, nun 2,31 por cento e en relación a hai un ano nun 1,82 por cento.

Así, en Galicia hai 1.057.900 ocupados, cunha taxa do 45 por cento, moi afastada dos valores superiores ao 50 por cento de antes da crise.

O desemprego cae no trimestre un 7,3 por cento, 16.200 persoas menos. No ano cae nun 7,22 por cento. Deste xeito, hai 206.700 persoas desempregadas en Galicia e no Estado 4.320.800.

O mercado laboral continúa amosando que existe contracción, cunha diminución da poboación de 16 ou máis anos, no ano 8.000 menos, deles 3.500 son menores de 25 anos.

72.100 FOGARES CON TODOS OS ACTIVOS NO PARO E 34.800 VIVENDAS NON TEÑEN PERCEPTORES DE INGRESOS

Por outra banda, os fogares nos que todos os activos están no paro son 72.100 e 34.800 vivendas non teñen ningún perceptor de ingresos. A comparación con valores de 2009 é moi significativa. Rexístrase un incremento do 69 por cento no caso das vivendas nas que todos os activos están no paro e do 91,4 por cento nas que os fogares non teñen ningún perceptor de ingresos.

Por sectores, a ocupación medra en todos, salvo na construción, no que cae en 800 persoas. Aumenta no trimestre a ocupación en 8.200 persoas na industria e en 10.100 nos servizos, neste último caso produto da temporada estival.

A taxa de paro é en Galicia do 16,3 por cento, 15,7 por cento entre os homes e dun 17,1 por cento entre as mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 37,6 por cento.

No trimestre aumentan tanto os asalariados con contrato indefinido como os de tempo parcial, aínda que moito máis estes últimos, un 9,9 por cento fronte ao 1,1 por cento. A taxa de temporalidade volve a valores elevadísimos, do 27,4 por cento.

Dende UGT-Galicia alértase que xa hai 123.000 persoas desempregadas que levan máis dun ano nesta situación e nada menos que 92.500 xa levan dous anos.

EN GALICIA A TAXA DE PARCIALIDADE INVOLUNTARIA É DE 63 PUNTOS

Finalmente, das estatísticas da EPA feitas públicas hoxe tamén se obtén un dato moi significativo pola súa negatividade e que incide aínda máis no binomio traballo-probreza denunciado polo Sindicato, en Galicia a taxa de parcialidade involuntaria xa é do 63 por cento, é dicir, que de cada cen persoas que teñen un contrato a tempo parcial o teñen por non atopar un a tempo completo non por decisión propia. Unha taxa, ademais, superior ao 61 por cento que se rexistra no resto do Estado.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



 





 



 

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].