Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Os operadores do 061 denuncian precariedade laboral, incumprimento do convenio colectivo e das resolucións xudiciais que lles dan a razón

Os operadores do 061 denuncian precariedade laboral, incumprimento do convenio colectivo e das resolucións xudiciais que lles dan a razón

Instan á Consellería de Sanidade a que asuma a súa responsabilidade nun servizo público esencial para a cidadanía

FES | martes, 20 de septiembre de 2016

O Comité de empresa dos operadores do 061 ofreceu hoxe en Santiago unha rolda de prensa para denunciar o reiterado incumprimento por parte da empresa adxudicataria do servizo, GSS, tanto do convenio colectivo vixente como das sentenzas condenatorias xa firmes que así o recoñecen, e ademais insta á Xunta a que asuma xa as súas responsabilidades nunha situación que conduce á precariedade máis absoluta dos traballadores dun servizo público esencial como é a atención inicial de todas as chamadas de emerxencia que se producen en Galicia.

A presidenta do Comité de empresa dos operadores do 061, Araceli Nine, explicou que as irregularidades no eido laboral son continuas. Resulta inexplicable que parte dos traballadores fagan 1.600 horas anuais e a outros, pola contra, e coas mesmas retribucións se lles esixan 1.764. Hai operadores que cobran os pluses por festivos marcados en convenio, fronte a outros que, aínda facendo tamén estas xornadas, non os perciben. Hai traballadores con xornada parcial que a efectos prácticos fan unha xornada completa, que non é nin cotizada nin remunerada... e un sen fin de incumprimentos da normativa laboral que o Comité leva anos denunciando e aos que a Xustiza vaille dando a razón pero co incumprimento flagrante por parte da empresa GSS das sentenzas que se van facendo firmes.

Nine fixo fincapé en que os operadores desenvolven unha tarefa básica na axuda e emerxencias, son a primeira voz de axuda nas situacións de emerxencia e quenes guían aos recursos ata as nosas casas, e que unha mala xestión deste primeiro paso pode afectar moito ao desenvolvemento final da atención das tarefas de emerxencia. Por iso, habería que esixir que este servizo se prestase en condicións máis estables que as actuais, marcadas pola precariedade e temporalidade. Ademais, debería ser a Consellería de Sanidade quen asumise o servizo e non o subcontratase como ocorre na actualidade.

3.500 CHAMDAS ATENDIDAS AO DÍA

Son 3.500 chamadas de media ao día, 500 máis que nos últimos anos pero que son atendidas polo mesmo número de traballadores, o que leva a unha situación de sobrecarga laboral moitas veces insostible que conduce ao estrés e esgotamento dos traballadores e, evidentemente, redunda nunha diminución da calidade do servizo á cidadanía, cos riscos que isto pode implicar cando se trata de atender emerxencias que esixen unha resposta inmediata e ben articulada.

GSS IMPÓN AOS TRABALLADORES A TEMPO PARCIAL DEZ HORAS MÁIS, NIN PAGADAS NIN COTIZADAS. A XUSTIZA OBRIGAR A REVERTER ESTA SITUACIÓN. A EMPRESA DESOE A SENTENZA E A XUNTA CALA

O Comité de empresa denuncia que no 2012 a GSS se lle ocorre que os traballadores que están a tempo parcial fagan dez horas máis ao mes que nin cobran nin cotizan. Por enriba do propio convenio colectivo. Os afectados, despois de intentar abrir un cauce de diálogo para solucionar esta situación, e sen resultado, deciden acudir á Xustiza que resolveu nunha sentenza xa hai un ano que GSS ten que retomar a situación anterior á imposición desta medida e abonar as horas que lles debe aos traballadores. A día de hoxe, en setembro de 2016 a empresa concesionaria GSS non cumpriu esta sentenza e a Xunta, última responsable do servizo, mira cara outro lado. Isto obriga aos afectados a recorrer de novo á Xustiza para pedir que se execute a sentenza, que xa é firme, de xeito inmediato. De feito, o día 26, o vindeiro luns, o Comité ten unha cita nos xulgados para demandar este tema.

GSS ADOPTA A VÍA DA REPRESALIA COS QUE DENUNCIAN

Este conxunto de actuacións xudiciais e demandas levou a GSS a adoptar unha vía reprobable e denunciable, a represalia. Esta consiste no bloqueo de horas aos traballadores que están en xornada parcial, non lles soben as horas e súplense as súas tarefas con traballadores novos, sen experiencia e que están por formar.

O Comité que, como explicou Araceli Nine, só demanda o que lles corresponde por dereito, tamén denunciou os feitos pola vía da Inspección laboral e estase á espera de resolución.

A día de hoxe GSS ten no servizo de operadores do 061 un total de 72 traballadores fixos a xornada completa, 15 fixos a xornada parcial e uns 40 traballadores temporais nunha bolsa. Estes últimos nunha situación de temporalidade e rotación continua, o que dificulta que adquiran a experiencia necesaria para prestar un servizo tan delicado e no que todos os días moitas vidas dependen da súa efectividade.

O NOVO PLIEGO DE CONDICIÓNS DEBERÁ VELAR POLA DIGNIDADE DOS OPERADORES DO 061 E POLA CALIDADE DO SERVIZO

Nine tamén adiantou que se está a elaborar un novo pliego de condicións para un novo concurso co fin de licitar o servizo e, xa que parece que a Xunta non está disposta a asumir a súa xestión directa como debería facelo, ante esta nova circunstancia a Administración debería tratar de esixir unha serie de condicionantes que garantan dunha vez por todas a dignidade dos operadores do 061 e o cumprimento da normativa laboral porque está na obriga de velar pola calidade dun servizo público básico.

OS MÉDICOS DO 061 INCIDEN NA NECESIDADE DE QUE OS OPERADORES GOCEN DE ESTABILIDADE E EXPERIENCIA

No encontro cos medios Jorge Puente, médico e membro da Xunta de persoal do 061, fixo fincapé na importancia de que os operadores, que son a primeira parte da cadea, teñan a experiencia suficiente para manexar situacións que en moitas ocasións son moi complexas e requiren de rapidez e da toma de decisións correctas. Considera que é inxusto que unha empresa privada non acate sentenzas e demandas básicas e apuntou que este servizo debería ser de xestión pública porque os médicos que traballan para o 061 si dependen do Sergas.

En relación a isto, incidiu en que tamén está enriba da mesa o traslado da central do 061 á Estrada, algo ao que o Comité de empresa se opón. Pero é que este traslado a quen vai prexudicar máis de novo é aos operadores que o terán que facer sen as compensacións, por parte da empresa, que ao mellor si lles facilitará o Sergas ao persoal que dependa desta Consellería.

A VOCEIRA DESTE TEMA É ARACELI NINE (COMITÉ EMPRESA). TELÉFONO: 686520218.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].