Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
FeSP-UGT destaca o traballo  desenvolvido polos bombeiros forestais do servizo público de loita contra incendios

FeSP-UGT destaca o traballo desenvolvido polos bombeiros forestais do servizo público de loita contra incendios

Traballo que se está a desenvolver con medios escasos e deficientes e tamén se acusa unha falta de coordinación evidente

FeSP | viernes, 12 de agosto de 2016

Desde a Federación galega de Servizos Públicos (FeSP-UGT) queremos denunciar que a alta actividade incendiaria e as circunstancias meteorolóxicas deste comezo de agosto esta levando ao límite as forzas dos bombeiros forestais do servizo público de loita contra incendios forestais. Brigadas que extinguen máis de 5 incendios en xornadas laborais continuadas de 12 horas, vehículos motobomba novos que dan fallos continuos nos sistemas de freado, sistemas de presión, hidráulicos..., e vehículos todoterreo con cuba que dan continuos fallos nas bombas de presión.

Levamos anos advertindo destes problemas e solicitando a participación dos traballadores na adquisición de equipos acordes e adaptados ao traballo que se desenvolve día a día, para adaptar os vehículos ás características da orografía galega. UGT denuncia a negativa por resposta nas reiteradas solicitudes que fai esta organización a través das reunión do comité de seguridade e saúde laboral e noutros foros de negociación.

O sistema de comunicacións actual xera unha perigosa descoordinación dos medios ao estar en fase de implantación o sistema dixital novo que opera este ano, que non se dotou a todo o persoal e que, ademais, convive co vello e deficiente sistema analóxico de comunicacións. Esta situación pon en risco aos bombeiros forestais que traballan duramente e que en moitas ocasións vense na obriga de poñer medios persoais de comunicación a disposición da consellería para poder desenvolver o seu traballo e coordinarse entre os medios, coas casetas e cos distritos forestais.

Outros problemas que se están a dar é a falta de avituallamentos e auga para o persoal de extinción directa, que está a sufrir circunstancias de estrés térmico e fatiga que se está acumulando, incrementando esta situación o risco de sufrir accidentes. UGT insiste na necesidade dunha valoración de riscos de esforzo físico e de contaminantes que afectan aos traballadores na extinción de incendios, que é unha obriga legal.

Tamén existe falta de persoal ao non estar ao 100% o dispositivo que se define no PLADIGA 2016, ao non estar contratadas en pleno risco extremo de incendios forestais as brigadas municipais, que a día de hoxe aínda está facendo anuncios nos concellos para a contratación, e ao non cubrir as baixas do persoal do dispositivo permanente (SPDCIF) da Xunta de Galicia.

Mentres tanto, UGT votou en contra a unha negociación na que a Consellería de facenda pretende burlarse dos traballadores ao non recoñecer a categoría de bombeiros forestais que se recolle no Código Nacional de Ocupación no código 5932, negociación que neglixentemente abriu nunha época de risco extremo de incendios forestais con claros intereses electoralista, cando se leva solicitando esta negociación desde hai máis de oito anos.

Neste acordo tamén se pretende deixar sen regular o paso a segunda actividade do persoal de máis de 60 anos de extinción directa que está a traballar estes días na dramática situación que vivimos. Persoal que ascende a un total de 100 bombeiros e que nun prazo de cinco anos sería un total de 300.

Instamos á Xunta á resolución inminente destes graves problemas e á modificación do acordo presentado, aceptando as alegacións desta organización sindical, que non son máis que aplicar a legalidade en canto ao recoñecemento da categoría de bombeiro forestal e a aplicación da xurisprudencia para o desenvolvemento do paso a segunda actividade.

E, como non, nestes difíciles días UGT non pode deixar de destacar a labor dos nosos compañeiros e recordar que nesta situación extrema de risco de incendios as prioridades son as vidas, protexer os bens e salvagardar a natureza do noso país.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É CARLOS ROCHA (FeSP-UGT-GALICIA), TELÉFONO: 629851751.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].