Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
FeSP-UGT considera que urxe unha investigación sobre o ocorrido no accidente de Ribas de Sil

FeSP-UGT considera que urxe unha investigación sobre o ocorrido no accidente de Ribas de Sil

FeSP-UGT | miércoles, 20 de julio de 2016

A Federación de Empregados e Empregadas de Servizos Públicos de UGT-GALICIA (FeSP-UGT de Galicia) amosa a súa preocupación polos accidentes acontecidos o pasado luns na parroquia de San Clodio, Ribas do Sil, que tiveron como resultado tres traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) feridos. Un bombeiro forestal con queimaduras, un peón-bombeiro forestal accidentado por golpe de calor e o condutor motobomba-bombeiro forestal resultou ferido con contusións.

O Sindicato insiste en que hai que aclarar xa o acontecido, para o cal haberá que abordar unha investigación en profundidade, co fin de evitar ao longo desta campaña de extinción de lumes novos sucesos destas características e poñer enriba da mesa todos os medios necesarios que garantan que os profesionais do SPDCIF poidan desenvolver o seu traballo con total seguridade.

UGT xa se puxo en contacto co Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta e coa Presidencia do Comité de Seguridade e Saúde do SPDCIF, adscrito á Consellería de Medio Rural, para que se realice a investigación pertinente que leve a aclarar as causas destes sinistros coa maior urxencia posible.

Ademais, dende FeSP-UGT reitérase o desexo da pronta recuperación dos tres traballadores feridos.



 

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É CARLOS ROCHA (FeSP-UGT). TELÉFONO: 629851751.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].