Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS
Eleccións Sindicais

Eleccións Sindicais

ÚNETE. LOITA POLO TEU

| miércoles, 18 de mayo de 2016

As únicas diferenzas (coas eleccións xerais, autonómicas, municipais ou europeas) son:

  • Que non se realizan nun só día, senón con carácter permanente.
  • Que para participar nelas é necesario ser traballador asalariado dunha empresa de máis de 6 traballadores.
  • Que nunca sae un ministro a un balcón nin a unha rolda de prensa a proclamar os seus resultados.

As eleccións sindicais crean un mecanismo de interlocución dos traballadores en cada empresa.

  

Para que?

Para formular reivindicacións e esixencias aos seus empresas/empresarios.

Poucos coñécenas

Poucos queren recoñecelas

Ninguén pode negar os seus resultados

 

QUE FACER PARA SER DELEGADO OU DELEGADA DE UGT ?

É moi sinxelo, verás:

1. Seguro que coñeces a alguén de UGT. Na túa empresa pode haber delegados ou delegadas de UGT, no Comité de Empresa, ou pode estar organizada a Sección Sindical de UGT, ou , senón, coñecerás a algunha persoa que saibas que está afiliada a UGT, Calquera pode darche a información inicial que requiras ou para poñerte en contacto co Sindicato.

2. UGT é o Sindicato con máis afiliación de Galicia, seguramente, na contorna das túas amizades e coñecidos haberá quen sexa representante dos traballadores ou estea afiliado ou afiliada a UGT, eles tamén poden poñerte en contacto co Sindicato.

3. Dirixirte por teléfono, correo electrónico ou persoalmente a calquera das sedes que UGT ten por toda Galicia


Gústalles aos empresarios que os seus traballadores se organicen para, todos xuntos, esixir e poñer condicións?

Xeralmente, non. E de aí a infinidade de casos de presión e coacción aos traballadores para que non se presenten en ningunha candidatura ou que non haxa eleccións.

O que reivindica, o que non se resigna, o que cuestiona as decisións, o que pelexa polo seu, o activista laboral non gusta aos empresarios; por iso pode sufrir represalias de moitos tipos no seu traballo, e por iso a lei -cando actúa en representación dos compañeiros que o elixiron nas eleccións sindicais- concédelle algunhas proteccións, que non privilexios.

As eleccións sindicais crean un mecanismo de interlocución dos traballadores en cada empresa.


Cóbrase por ser delegado sindical?

Non. Os delegados non reciben diñeiro público, nin lles paga UGT. O Sindicato si financia os gastos do proceso electoral, a formación dos delegados, os materiais informativos e os servizos de asesoramento (avogados, economistas, etc…) aos que os delegados poden acudir para desempeñar a súa función sindical.

Os únicos recursos públicos que se destinan ás eleccións sindicais proveñen do Ministerio de Emprego (antes Traballo) e denomínanse “Subvencións ás Organizacións sindicais en proporción á súa representatividade pola realización de actividades de carácter sindical”.

O Ministerio de Emprego ten establecida unha cantidade a tal fin que se reparte entre preto dun centenar de sindicatos que participan en procesos electorais en función dos resultados obtidos.


Cales son os retos deste proceso?

  • Credibilidade das nosas candidaturas
  • A campaña antisindical e a xudicialización da xestión do Sindicato nalgúns ámbitos poden levar aos traballadores a ser reacios a votar as nosas candidaturas.                         
  • A precariedade xeneralizada

O medo está instalado na poboación: ao despedimento, á non renovación do contrato, á baixada de soldo, ao cambio de posto, ao traslado, a pedir un día, a darse de baixa, etc… As consecuencias deste“clima” especificamente sobre os procesos electorais son difíciles de predicir. Facer sindicalismo implica que todos superemos ese medo.

 

Si, UGT é un sindicato con moitos anos

Si, temos unha longa carreira de actuacións, en moitas  ocasións conseguimos mellorar as cousas, noutras ocasións non.

Si, cometemos erros. Hai alguén nalgunha parte que non os cometa? NON, non nos importa equivocarnos, o que non aceptamos é quedar sen facer nada.

Non, cando pechamos un acordo sen conseguir todo o que queremos non nos estamos rendendo, só melloramos o punto de partida da seguinte negociación.

Hai unha realidade, que é importante que teñamos clara nós, e que deixemos clara aos nosos compañeiros nos centros de traballo: Superman non existe e  os sindicatos non somos Superman.

A experiencia demóstranos que ninguén nos regalou o sistema de pensións, a protección social, a sanidade pública, a educación pública… Ninguén regala o emprego, nin as condicións de traballo, do mesmo xeito que ninguén regala o salario.

Ninguén nos prové da Xustiza, ninguén reparte a igualdade, nin ninguén nos surte de democracia. Non existe o Superman dos dereitos laborais nin o dos dereitos civís.

Cada un temos un papel que desempeñar. Os sindicatos nos son un ente abstracto, cun poder abstracto, para conseguir cousas. Os sindicatos non son superherois.

Os sindicatos son traballadores que decidiron unirse, facer a súa achega, dedicar algo do seu tempo a intentar cambiar as cousas. Nunca foi doutro xeito.

O Estado protector que construímos entre todos (e contra unhas cantas elites) puido levarnos a pensar o contrario. Pero ese Estado o destruíron os Gobernos durante a crise. Alguén cre que vánnolo devolver voluntariamente? Non, se queremos reconstruílo haberá que volver a conquistalo a quenes se benefician de térnolo quitado.


Póliza gratuita de accidentes para a actividade sindical

Poden subscribir a Póliza as persoas delegadas de persoal ou membros de comités de empresa ou xuntas de persoal, liberados sindicais e membros electos de órganos de dirección do sindicato, tamén teñen cobertura os suplentes de ditos cargos.

ATLANTIS nos informa que a Póliza gratuíta de accidentes para a actividade sindical se prorroga un ano máis, así os asegurados que sigan cumprindo os requisitos quedan automaticamente cubertos ata a nova data de vencemento, e os que aportaron correo electrónico recibirán un correo co certificado nominal do período prorrogado, o resto poderán descargar o certificado na web htpp://www.atlantis-seguros.es/dsugt.aspx.

É convinte que actualicedes as coberturas en cada ámbito é para elo deberase cumprimentar o boletín de adhesión e entregalo en ATLANTIS, dito boletín esta dispoñible na web antes referida.

As novas altas recibiran unha certificación de seguro nominal no correo electrónico que aporten no boletín de adhesión, e si así o fan constar por correo ordinario, nesta comunicación se lles indica onde poden descargar as condicións xerais da Póliza.

As baixas na Póliza se solicitan por escrito nas delegacións de ATLANTIS.


Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].