O Programa de garantía xuvenil ten a
súa orixe nunha iniciativa do Consello Europeo para atender a
difícil situación dos mozos en determinadas rexións europeas. O
Goberno español regulou as bases do Sistema nacional de garantía
xuvenil e, de seguido, o Goberno galego, froito do diálogo social
entre a Xunta, UGT, CCOO e CEG, pon en marcha o desenvolvemento das
medidas adicionais ao sistema estatal. Con este Programa preténdese
que as persoas que cumpran cos requisitos establecidos reciban unha
oferta de emprego, educación continua, formación de aprendiz ou
prácticas, tras rematar a educación formal ou quedar nunha
situación de desemprego.
O Programa de activación para o
emprego enmárcase no acordo asinado o 29 de xullo de 2014 dentro do
diálogo social entre o Goberno e interlocutores sociais. Neste, unha
das medidas prioritarias que se materializou foi o deseño, coa
colabración das comunidades autónomas, dun programa de activación
para o emprego cun contido específico en orientación, formación e
recoñecemento da experiencia laboral, acompañado dunha axuda
económica (426 euros durante seis meses), para facilitar a
reinserción laboral das persoas desempregadas de longa duración con
cargas familiares. En Galicia, tamén dentro do marco do diálogo
social, Xunta, UGT, CCOO e CEG asinaron as medidas complementarias o
pasado 14 de xaneiro de 2015.