Omitir los comandos de cinta
Saltar al contenido principal
Inicio
AL DÍA >
NOTICIAS

Consello Sindical Interrexional Galicia/Norte de Portugal

| martes, 20 de octubre de 2015

As organizacións sindicais que constitúen o Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (UGT-Galicia, UGT-Portugal, CCOO de Galicia e CGTP-IN) establecen nos Estatutos do CSIr aprobados en 2006 as normas e órganos de goberno que son: Asamblea Xeral e Comisión Executiva.

Asemade están constituídas comisións e grupos de traballo para materias concretas completando así o desenvolvemento deste órgano de participación e acción sindical no ámbito da Eurorrexión.

Os principais obxectivos do CSIr Galicia-Norte de Portugal son os seguintes:

O estudo e valoración dos problemas económicos, socias e laborais, comúns de Galicia e do Norte de Portugal

A coordinación de accións de defensa e promoción que os intereses sociais, políticas económicos, profesionais e culturais das persoas traballadoras.

A participación no desenvolvemento e execución de actividades e labores tendentes a incrementar o benestar social, económico e intelectual das persoas traballadoras no ámbito da Eurorrexión.

A promoción da cooperación interrexional transfronteiriza e a solidariedade das persoas traballadoras de ambas rexións.

A aplicación e execución dos plans bianuais de actividades e das resolucións emanadas do propio CSIr e da Confederación Europea de Sindicatos.

A Presidencia do Consello Sindical Interrexional ten carácter rotatorio sendo elexido cada dous anos como presidente o Sº Xeral de cada un dos sindicatos que o compoñen. Na actualidade estase a desenvolver o Plan de Actividades do CSIr G-NP para 2015 que ten como contidos principais os seguintes:

 

  • Encontro das Inspeccións de Traballo e Autoridade para as Inspeccións de Traballo de Galicia e do Norte de Portugal
  • Xornada de Formación de colaboradores do servicio de EURES-T en sindicatos e asociacións empresariais
  • Encontro para estudio de obstáculos á mobilidade individual e colectiva
  • Foro de emprego para xovenes en Formación Profesional
  • Encontro multisectorial de delegados e delegadas dos sectores industriais
  • Encontro do grupo de traballo de seguridade social e asistencia sanitaria.
  • O Servicio de EURES e a empresa transfronteiriza

 

Estas xornadas celébranse alternativamente en cidades de Galicia e do Norte de Portugal.

Os Consellos Sindicais Interrexionais de Galicia-Norte de Portugal e Castela León-Veiras mantemos unha coordinación a través de encontros específicos e proxectos que se solicitan conxuntamente.

O día 20 de febreiro de 2015 foi asinado na cidade de Porto un Protocolo de Cooperación entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e o Consello Sindical Interrexional, que ten por obxecto a presentación de proxectos de actuación conxunta ante a Comunidade de Traballo, para que esta entidade os apoie en todos aqueles casos en que a súa execución repercuta nun beneficio social directo que faga mellorar as condicións laborais e asistenciais dos traballadores transfronteirizos potenciando o diálogo social e o achegamento á cidadanía.

Estes proxectos poderán contar con financiación de Fondos Europeos dentro do período de programación comunitaria 2014-2020.

Noticias Relacionadas
VolverVolver
AFILIADOS y AFILIADAS ACCEDER
BUSCAR
REDES SOCIALES
Logo

Unión Xeral de Traballadores. Miguel Ferro Caaveiro12; 15707 SANTIAGO. Telf.: 981. 577. 171 Fax: 981. 599. 438   |   UGT é membro da CES e da CSI

[Aviso Legal] [Versión Móvil].